Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 05 de xuño de 2001 Páx. 7.439

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de maio de 2001 pola que se anuncia a adxudicación de nove bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, convocada por Orde do 14 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 62, do 28 de marzo).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión que tivo lugar o día 15 de maio de 2001

pola comisión seleccionadora para a adxudicación de nove bolsas de colaboración en diversos proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo a convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 62, do 28 de marzo de 2001, e de conformidade co establecido na base sétima da referida orde de convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder nove bolsas de colaboración para os distintos proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo se detallan no anexo I a esta resolución.

No caso de producirse algunha renuncia procederase a adxudicárlle-la mencionada bolsa a outros candidatos, se os houbese, de acordo coa relación de suplentes que se inclúe no anexo desta resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base terceira da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o punto anterior será de 122.000 pesetas mensuais, coa retención fiscal que corresponda, durante o período comprendido entre o 1 de xuño e o 31 de decembro de 2001.

Terceira.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso postestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Director xeral de Política Lingüística

ANEXO I

Apelidos e nome das/os bolseiras/osNIF

Proxecto I: terminoloxía científico-técnica.

Vallejo González, María33.347.868-F

Muriano Rodríguez, Mª Montserrat32.818.699-E

Suplentes:

Fortes López, Ana Belén35.307.528-K

Sánchez García, Mª Elena33.285.169-Y

Mencía Castro, Sara Isolina36.067.138-X

Proxecto II: Wordnet para o galego.

Fernández Paredes, Beatriz76.725.406-M

Suplentes:

Fortes López, Ana Belén35.307.528-K

Bascoy Lamelas, Montserrat78.796.405-S

Apelidos e nome das/os bolseiras/osNIF

Proxecto III: construcción dun sintetizador texto-voz en galego.

Juncal Pereira, Luis46.902.572-Y

Suplentes:

Barreiro Couto, Ana46.902.918F

Villarmea Álvarez, Mª Cristina44.455.957-Q

Proxecto IV: corpus de referencia do galego actual

Blanco González, Cristina34.889.605-P

Suplentes:

Callón Torres, Carlos M.52.931.792-Y

Fortes López, Ana Belén35.307.528-K

Proxecto V: informes de literatura

Mociño González, Isabel44.447.042-W

Suplentes:

Munín Munín, Alicia33.299.904-K

Vázquez Recarey, Susana Mª79.314.435-Q

Proxecto VI: dimensións de identidade colectiva en Galicia.

Doval Fraiz, Ana I.76.823.472-E

Suplentes:

Pereiro Francisco, Paula36.115.892-G

Freiria Fernández, Carlos78.799.168-H

Proxecto VII: Corpus Documentale Latinum Gallaeciae.

Verde Pena, Mª Inés33.290.596-M

Proxecto VIII: catalogación dos fondos bibliográficos do centro.

Loureiro Fontenla, Mª Olga32.439.017-R

Suplentes:

Paredes Miras, Mª Pilar33.272.698-R

Fernández Corral, Beatriz33.286.867-W