Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da subministración dunha unidade básica de ecografía computerizada. (Expediente CP015/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 23 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 103, do 29 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, convoca o concurso público CP015/2001, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

1. Obxecto e orzamento: a contratación da subministración dunha unidade básica de ecografía computerizada, por un orzamento máximo de seis millóns seiscentas vintecatro mil (6.624.000) pesetas (39.811,04 euros), imposto sobre o valor engadido incluído.

2. Prazo de execución: ver prego de cláusulas administrativas.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria poderán ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa sita no Hospital Montecelo, Mourente, s/n, 5ª planta 36071 Pontevedra, nos días laborables, agás sábados, desde as 9 ata ás 14 horas, ou por teléfono 986 80 00 00 (extensión 10344 e 10345) ou fax 986 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

4. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación. Definitiva, o catro por cento do importe de adxudicación, que se constituirán conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia económica e financeira: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Solvencia técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Criterios de adxudicación: os especificados na primeira folla do prego de cláusulas administrativas (punto 12.1).

8. Clasificación: non se exixe.

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados

polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia Xeral, planta 5ª do Hospital Montecelo de Pontevedra, ás dez horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

13. Anuncios: o importe dos anuncios deste concurso público será por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 30 de abril de 2001.

Pedro Soler Bordoy

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra