Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2001 pola que se somete a información pública o Plan sectorial de incidencia supramunicipal denominado Plan sectorial hidroeléctrico das concas hidrográficas de Galicia costa.

Por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 10 de maio de 2001, acordou declara-lo denominado Plan sectorial hidroeléctrico das concas de Galicia costa como Plan sectorial de incidencia supramunicipal para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, dictado en aplicación dela.

De conformidade co procedemento legalmente establecido e en cumprimento do disposto nos artigos 25.3º da mencionada Lei 10/1995, e 13.2º do Decreto 80/2000, sométese a información pública o referido plan sectorial co fin de que toda persoa física ou xurídica que se considere interesada no expediente de referencia poida examina-lo citado plan, en horas hábiles de oficina, nas dependencias do organismo autónomo Augas de Galicia en Santiago de Compostela (praza Camilo Díaz Valiño, s/nº, 15781 Santiago de Compostela), nas oficinas da súa demarcación Galicia norte (r/ Wenceslao Fernández Flórez, nº 1 - 2º, A Coruña) e nas oficinas da súa demarcación Galicia sur (rúa Palma, nº 4, Edificio Cambón, Pontevedra) podendo presentar, perante a presidencia de Augas de Galicia, as alegacións que

se consideren oportunas no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia