Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.384

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se resolve o concurso de traslados do persoal laboral L-01/2000 convocado por Orde do 12 de decembro de 2000.

Convocado o concurso de traslados do persoal laboral por orde desta consellería do 12 de decembro de 2000 (DOG nº 243, do 18 de decembro), esta dirección xeral, de conformidade co previsto na base sete da orde da convocatoria, e á vista da proposta de adxudicación de vacantes ós participantes na primeira e segunda fase do concurso elevada pola comisión de valoración de méritos,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso de traslados do persoal laboral L-01/2000, adxudicándolles ós traballadores que se relacionan nos anexos I e II os postos de traballo que se especifican neles, tanto na primeira fase do concurso como na fase de resultas.

Segundo.-O persoal relacionado nos anexos I e II, de conformidade co disposto na base oitava da convocatoria, deberá cesar no seu posto de traballo no prazo de tres días, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución. O prazo para tomar posesión no novo posto será de tres días se o destino do novo posto non implica cambio de residencia habitual do concursante, ou dun mes se implica cambio de residencia.

Se na data do cesamento ou do inicio do cómputo do prazo de toma de posesión o persoal está gozando dun período de licencia, vacacións, permiso ou incapacidade temporal, o cómputo do prazo para tomar posesión comezará o día seguinte ó da reincorporación ó posto de traballo.

Terceiro.-Non obstante, no suposto de que a praza de destino se atope ocupada por un contrato laboral temporal que teña un contrato non superior a seis meses para o seu remate, a Administración poderá prorroga-lo cesamento do adxudicatario no seu posto de procedencia mentres non remate o contrato temporal referido. Así mesmo, terase en conta o previsto na base 8.2ª en relación co artigo 36.1º b) do III convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Contra esta resolución poderase interpoñer reclamación administrativa perante o director xeral da Función Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da dita resolución no Diario Oficial de Galicia, en aplicación dos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións concordantes.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública