Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.363

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

REGASIFICADORA DEL NOROESTE, S.A.

ANUNCIO urxente de invitación a licitar polo procedemento negociado. (Directiva 93/38/CEE, Lei 48/1998, do 30 de decembro).

As razóns para solicita-la publicación urxente do anuncio son de tipo administrativo, así como técnico-económico de inicio das obras en período climatolóxico favorable, e de cumprimento dos prazos comprometidos de posta en marcha da planta.

1. Entidade adxudicadora.

Regasificadora del Noroeste, S.A. (Reganosa).

Punta Promontoiro, s/n, 15620 Mugardos. A Coruña. España.

Enderezo: *forestaldelatlantico.com.

Nº de teléfono: 0034-981 47 07 50.

Nº de fax: 0034-981 47 07 61.

2. Natureza do contrato.

Contrato de obras e subministración de materiais.

3. Lugar de entrega e execución.

Lugar de Punta Promontoiro, no termo municipal de Mugardos (A Coruña). España.

4. Obxecto do contrato.

a) Contrato de enxeñería de deseño e de detalle, subministración, construcción, posta en marcha e probas, na modalidade chave en man, para unha terminal de recepción, almacenamento e regasificación de gas natural licuado, incluíndo deseño, proxecto de enxeñería e constructivo, provisión e subministración de tódolos materiais, construcción, montaxe, probas, posta en frío e elaboración dos manuais de operación e toda a documentación soporte precisa para a correcta construcción e posta en servicio da terminal.

A instalación estará formada por:

* Sistema de descarga. Caudal de deseño de 12.000 m/h.

* Almacenamento. Dous (2) tanques de GNL de contención total, tipo H4 s/EN1473 (inspección radiográfica soldadura segundo NFPA-59A), con

recipiente exterior de formigón e interior de aceiro ó 9% de níquel, de 150.000 m de capacidade neta cada un.

* Regasificación. Deseñarase para unha capacidade nominal de vaporización de 250 ton/h, con previsións no deseño para chegar a 375 ton/h.

A planta terá unha redundancia do 100% na capacidade dos seus equipos asociados ó proceso principal.

Para a vaporización (250 tn/hr) consideraranse as seguintes opcións:

-Auga de mar.

-Intercambiador de auga quente (achegada por outros) de carcasa e tubo.

-Combustión somerxida.

* Conexión á rede de gasoductos a través dunha estación de regulación, medida e análise. Presión máxima de emisión 80 barg. Temperatura de saída da instalación comprendida entre 0º e 10º C.

* Sistemas e equipos auxiliares.

* Sistema de producción de calor de respaldo para vaporizar 250 tm/hr.

* Sistema de control.

* Sistemas de seguridade.

* Sistemas contraincendios.

b) A licitación será pola totalidade dos traballos descritos.

c) O deseño da planta realizarase tendo como fundamento o proxecto básico e a addenda ó proxecto básico da planta realizados por Reganosa en xaneiro de 1999 e xullo de 2000, respectivamente.

5. Servicios. Os indicados no punto 4.

6. Variantes. Non se admiten.

7. Exención da utilización das especificacións europeas. As exencións, se é o caso, fundamentaranse na aplicación dos supostos recollidos no artigo 14.1º, letras a) e c) da Lei 48/1998.

En calquera caso, será de obrigado cumprimento a norma EN-1473 (UNE EN-1473).

8. Prazo de entrega. O prazo máximo de execución será de 32 meses desde a data de notificación da adxudicación do contrato.

Data de inicio dos traballos: aproximadamente 3º trimestre do ano 2001.

9. Forma xurídica do ofertante.

De forma preferente, a adxudicación realizarase a unha única empresa, aínda que se poderán admitir, cando existan razóns obxectivas, agrupacións de interese económico ou agrupacións europeas de interese económico, de acordo coa lexislación española, ou outra forma consorcial, sempre con responsabilidade conxunta e solidaria das empresas participantes.

Os empresarios que asuman o compromiso de se constituíren en agrupación deberán nomear na súa

solicitude de participación un dos empresarios como representante, interlocutor e apoderado único fronte á entidade adxudicataria durante a totalidade da execución do contrato.

10. Prazo recepción solicitudes.

a) Data límite de recepción das solicitudes de participación: trinta e sete días naturais (37) desde a data de envío deste anuncio.

b) Enderezo ó que debe enviarse: mira-lo que está indicado en 1.

c) Idioma: español.

11. Fianza de oferta: non aplica.

Fianza de contrato: unha vez adxudicado o contrato, o contratista achegará unha fianza dunha porcentaxe para determinar sobre o valor final do contrato, cun valor mínimo do 15%.

12. Modalidade de pagamento: o prezo que se oferte deberá ser fixo e non revisable, baixo ningún concepto, ata a finalización da obra e entrega da instalación con tódalas probas e documentación final.

A oferta será válida por un período mínimo de doce meses a partir da data de presentación.

13. Situación do contratista e condicións mínimas de carácter técnico e económico ás que se debe axustar:

Experiencia probada na realización de terminais de regasificación de características similares á licitada, en modalidade de chave en man.

Experiencia probada na realización de tanques de almacenamento de GNL con capacidade superior a 125.000 m. Valorarase a participación en proxectos de tanques de 150.000 m.

Na comunicación por parte dos candidatos de confirmación de interese nesta adxudicación incluirase unha relación da experiencia acumulada en proxectos similares ó desta licitación.

Capacidade financeira para afrontar e apoiar un contrato deste importe e natureza.

14. Criterios de adxudicación: mellor oferta técnico-económica negociada.

15. Ofertantes preseleccionados: non procede.

16. Data de publicación anuncio no DOCE: non procede.

17. Información complementaria: a adxudicación efectuarase polo procedemento negociado.

18. Referencia publicación anuncio periódico: non aplica.

19. Data de envío do anuncio pola entidade contratante: 18 de maio de 2001.

20. Data de recepción do anuncio: 18 de maio de 2001.

Mugardos, 23 de maio de 2001.

P.O.

Mauro Arias Villa

Conselleiro delegado