Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.363

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CONTRATACIÓN de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata-lo servicio de ambulancia de soporte vital básico que se emprazará nos seguintes lugares:

1 vehículo en Bergondo e 1 vehículo en Baiona.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sita no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera nº 2-2ª planta, 15706 Santiago de Compostela, das 12 ás 14 horas, ata o 11 de xuño de 2001 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, das 12 ás 14 horas, desde o 1 ata o 11 de xuño de 2001 (incluídos) ou no teléfono 981 54 67 64.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2001.

Rosa Álvarez de Blas

Directora de Xestión e Servicios Xerais

da Fundación Pública Urxencias Sanitarias

de Galicia-061