Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a adxudicación dos permisos de instalacións e explotación de servicios de temporada nas praias do concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación. Nº de expediente: 788/104.

2. Obxecto do contrato: descrición: permisos de instalacións de postos e explotación de servicios de temporada nas praias do litoral do concello de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: 4 anos.

Lotes: si, 15.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Canon mínimo: quioscos con servicios hixiénicos: 200.000 pesetas/ano (1.202,02 euros/ano); quioscos sen servicios hixiénicos: 250.000 pesetas/ano (1.502 euros/ano) e estación e subestación náutica: 380.000 pesetas/ano (2.283,85 euros/ano).

5. Garantías: provisional: 10% do tipo de saída de cada un dos lotes.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

8. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

9. Outras informacións: o modelo de proposicións axustarase á cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

10. Gastos anuncios: pagaranos os adxudicatarios.

Vigo, 21 de maio de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde