Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a execución da obra seguinte:

Obxecto: cubrición da pista polideportiva de Nós.

Orzamento de licitación: 27.762.710 pesetas (co IVE).

Clasificación: grupo C, subgrupo 8, categoría d.

Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do improte de adxudicación.

Prazo de execución: dous meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de trece días (13) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación, xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na secretaría xeral do Concello de Olerios, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 22 de maio de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta