Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das subministracións de clave SC/01/022.8 e tres máis.

a) Subministracións.

1. Adquisición de dous (2) camións gasóleo con caixa basculante para as xefaturas provinciais de estradas da Coruña e Pontevedra da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia.

Clave: SC/01/022.8.

Orzamento: quince millóns trescentas doce mil pesetas (15.312.000), equivalentes a (92.026,97 euros).

Prazo de entrega: 2 meses.

Garantía provisional: 306.240 pesetas.

A solvencia económica e financeira acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica acreditarase segundo o disposto no artigo 18 d) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas nos termos precisados na cláusula 2.2.5 do prego.

2. Adquisición dun (1) guindastre conforme a directiva de máquinas da Unión Europea, sistema de fabricación ISO 9001 para enganche en camión para a Xefatura Provincial de Estradas de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia.

Clave: SC/01/023.8.

Orzamento: catro millóns oitocentas sesenta e tres mil (4.863.000) pesetas, equivalentes a 29.227,22 euros.

Prazo de entrega: 2 meses.

Garantía provisional: non se esixe.

A solvencia económica e financeira acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica acreditarase segundo o disposto no artigo 18 d) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas nos termos precisados na cláusula 2.2.5 do prego.

3. Adquisición de catro (4) bandexas vibratorias de avance con motor de gasolina para a Xefatura Provincial de Estradas de Ourense, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia.

Clave: SC/01/024.8.

Orzamento: un millón cincocentas mil (1.500.000) pesetas, equivalentes a 9.015,18 euros.

Prazo de entrega: 2 meses.

Garantía provisional: non se esixe.

A solvencia económica e financeira acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica acreditarase segundo o disposto no artigo 18 d) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas nos termos precisados na cláusula 2.2.5 do prego.

4. Adquisición dunha (1) pa retro mixta con dobre tracción para a Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia.

Clave: SC/01/027.8.

Orzamento: oito millóns duascentas mil (8.200.000) pesetas, equivalentes a 49.282,99 euros.

Prazo de entrega: 2 meses.

Garantía provisional: 164.000 pesetas.

A solvencia económica e financeira acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica acreditarase segundo o disposto no artigo 18 d) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas nos termos precisados na cláusula 2.2.5 do prego.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.

Así mesmo, poderanse obte-los pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/, e en Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo 19-21. Teléfono 981 59 33 85.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía provisional indicada na letra a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administración públicas.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado

conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6, Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: non se admiten.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2001.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda