Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.342

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

EDICTO (528/1998-E).

Por acordalo o maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous da Coruña nos autos 528/1998-E, en providencia do día de hoxe anúnciase a venda en pública poxa que se celebrará o

día 8 de xuño de 2001, ás 9.35 horas na sala de audiencia deste xulgado, sito no primeiro piso do edificio dos xulgados, rúa Monforte, nº 1 da Coruña, dos seguintes bens:

Moto Velero Pequeñaja, coas características seguintes: distintivo de chamada EA 3177, nome Pequeñaja, eslora 15,40, manga 4,86; estaleiro: descoñecido (importación); material do casco: madeira; motor, marca e modelo: Baudouin DNK 3, número de serie 670303; data de abanderamento 31-3-1997, puntual de construcción 2.20 TRB/GT 39,92 TRB; observacións: NIB 15 82 84.

Valor real: 1.800.000 pesetas.

O prego de condicións e requisitos para tomar parte na poxa están expostas no taboleiro de anuncios do xulgado e no concello.

E para a súa publicación no DOG, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 9 de maio de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado