Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 31 de maio de 2001 Páx. 7.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

Ó abeiro do establecido no artigo 233 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, procédese á publicación dun extracto do anuncio publicado no BOP de Pontevedra nº 90, do 10-5-2001:

Obxecto: provisión das seguintes prazas:

Funcionarios:

-Dúas prazas de gardas da policía local, quenda libre.

-Unha praza de cabo da policía local, promoción interna.

-Unha praza de arquitecto técnico, quenda libre.

-Unha praza de técnico de ambiente, quenda libre.

-Unha praza de administrativo de Administración xeral, quenda libre.

-Catro prazas de administrativo de Administración xeral, promoción interna.

Postos de traballo laboral:

-Unha praza de vixilante nocturno.

-Unha praza de operario de parques e xardíns.

Modalidade de selección e requisitos dos aspirantes: segundo o establecido nas respectivas bases.

Solicitudes e admisión: o prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Lalín, 18 de maio de 2001.

Camilo González Bodaño

Alcalde accidental