Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 31 de maio de 2001 Páx. 7.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE DODRO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 29 de marzo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación das normas subsidiarias municipais de Dodro na ordenanza Z-1 de protección do ecosistema do río Ulla, permitindo con carácter excepcional a instalación dunha depuradora neste tipo de solo.

Segundo.-Publicar este acordo no DOG e no BOP, de acordo co establecido no artigo 50.2º da Lei reguladora das bases de réxime xeral.

Terceiro.-Comunicarlle o acordo ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dando cumprimento ó establecido no artigo 48.3º da Lei 1/1997.

Recursos.

A.-Interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo organo que dictou o acto no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación do presente escrito, nos termos dos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999.

B.-Interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co establecido no artigo 46.4º da

Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Calquera outro recurso que estime pertinente.

Dodro, 25 de abril de 2001.

José Fernando Vila Brión

Alcalde