Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 31 de maio de 2001 Páx. 7.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, en sesión do 26 de abril de 2001, aprobou o expediente de contratación polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, da obra seguridade vial na N-VI, punto quilométrico 577,400 ó 578,100 (marxe dereita), incluída no Plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal e de rede viaria local 2001, da deputación provincial.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: seguridade vial na N-VI, punto quilométrico 577,400 ó 578,100 (marxe dereita).

b) Lugar de execución: N-VI.

d) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 22.456.443 pesetas IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 2 por 100 do orzamento base de licitación (449.129 pesetas).

b) Definitiva: 4 por 100 do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral: Servicio de Contratación do Concello de Bergondo.

b) Domicilio: estrada da Coruña nº 12, 15165 Bergondo (A Coruña).

c) Teléfono: 981 79 12 52.

d) Telefax: 981 79 42 33.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 13 horas do día sinalado como último para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación (ámbalas dúas): grupo G, subgrupo 4, categoría a.

Grupo E, subgrupo 1, categoría c.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: en dous sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, que conterán a documentación esixida na cláusula 12 e nos anexos II e III do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Bergondo.

d) Prazo de validez da oferta: 3 meses, contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

Terá lugar na casa do concello, o terceiro día hábil seguinte (agás sábados) ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 13 horas.

11. Gastos de anuncios.

Tódolos gastos correspondentes ós anuncios de licitación e adxudicación serán por conta do adxudicatario.

Bergondo, 2 de maio de 2001.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente