Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 31 de maio de 2001 Páx. 7.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto.

É a contratación por concurso con procedemento aberto das obras que se indican a seguir, incluídas

no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servicios de Competencia Municipal e Rede Viaria Local 2001:

Obra: colector de sanemento Lubre-Cervás.

Orzamento: 10.239.506 pesetas.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Pregos e proxectos: rexerá o prego de condicións tipo aprobado por acordo da deputación provincial o día 30 de marzo de 2001, publicado no BOP nº 78, do 4 de abril de 2001, podendo ser examinado conxuntamente co proxecto na secretaría do concello, durante o prazo de presentación de proposicións e en horas de oficina.

Presentación de proposións: no rexistro xeral de entrada de documentos do concello, en horas de nove a trece, dentro do prazo dos vinteseis día naturais seguintes, contados a partir do día seguinte ó da presente publicación no BOP, en dous sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, e coa documentación esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Apertura de proposicións: en acto público, ás trece horas do quinto día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de proposicións (se coincidise en sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte).

Proposicións: presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

«D/Dª..., con enderezo en..., rúa..., nº..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF nº..., e con enderezo en... nº..., teléfono...), toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de colector de saneamento Lubre-Cervás, e para tales efectos fai constar:

1º Que ofrece o prezo de..., que significa unha baixa de..., en relación co tipo de licitación.

2º Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares do presente contrato.

3º Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares».

En..., o... de... de 2001.

O licitador (asinado e rubricado).

Modelo de sobre: «Proposicións para tomar parte na contratación das obras de colector de saneamento de Lubre-Cervás, presentada por...

En ..., o... de... de 2001».

Os gastos derivados do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Ares, 27 de abril de 2001.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde-presidente