Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 31 de maio de 2001 Páx. 7.254

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2001 pola que se convocan dous cursos de iniciación á Internet.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2001, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración de dous cursos de iniciación a Internet, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Os cursos teñen por obxectivo a introducción dos alumnos no manexo e na adquisición das habilidades

necesarias para desenvolverse de forma adecuada nas utilidades e vantaxes que Internet e o correo electrónico presentan para o seu traballo.

Destinatarios.

Os cursos van dirixidos ós membros dos corpos das policías locais de Galicia, membros da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia e membros dos corpos das policías locais de Asturias que posúan e poidan acreditar coñecementos medios de informática. Para estes efectos serán tidos en conta todos aqueles que teñan realizados os cursos básico e de perfeccionamento na Academia Galega de Seguridade ou na Escola Rexional de Poli

cías Locais do Principado de Asturias. No caso de quedaren prazas vacantes, ós membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan en cada curso é de 20.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar cuberta á máquina ou con letra moi clara a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 4 de xuño de 2001, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas; será isto requisito indispensable para ser admitido no curso; o incumprimento deste requisito implicará a non admisión no devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

Os cursos realizaranse en sesións de tarde, de luns a venres, e neles trataranse, entre outros, os seguintes temas:

a) Conceptos básicos e configuración do acceso.

b) A www. Uso dos navegadores. Portais e buscadores.

c) O correo electrónico.

d) Outros servicios: noticias, FTP, chat (IRG).

Datas.

Os cursos terán lugar en datas do 11 ó 22 de xuño de 2001, nos seguintes horarios:

1º curso: de 16.30 a 18.30 horas.

2º curso: de 19 a 21 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 6 de xuño de 2001 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Os cursos desenvolveranse na aula de informática do IES de Foz, sito na rúa Castelao, s/n, Foz.

Certificado de asistencia e aproveitamento.

Ó remate de cada curso entregaráselles un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el e superen unha proba de coñecementos.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 16 de maio de 2001.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade