Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 31 de maio de 2001 Páx. 7.253

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración de ben de interese cultural, coa categoría de conxunto histórico, a favor da vila de Cambados (Pontevedra).

Por resolución do 3 de setembro de 1987, da Dirección Xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico Artístico, acordouse a incoación de expediente de declaración de conxunto histórico-artístico a favor da vila de Cambados (Pontevedra).

Transcorridos os prazos legais establecidos pola normativa vixente en materia de patrimonio cultural e vistos os informes dos servicios técnicos da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, así como dos órganos consultivos que constan no expediente.

Esta dirección xeral, no exercicio das competencias legalmente atribuídas

RESOLVE:

Primeiro.-Incoar expediente para a declaración de ben de interese cultural, na categoría de conxunto histórico, a favor da vila de Cambados (Pontevedra).

Segundo.-Delimita-la zona afectada pola devandita incoación de maneira que se especifica literal e graficamente nos anexos I e II desta resolución.

Terceiro.-Notificarlles esta resolución ó concello, ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e ós demais interesados.

Cuarto.-Por tratarse dun ben inmoble e de conformidade co artigo 35 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, quedan en suspenso as correspondentes licencias municipais de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas, así como os efectos das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado.

As obras que, por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, deberan realizarse con carácter inaprazable precisarán, en todo caso, de autorización

dos órganos competentes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Quinto.-Ordena-la publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información pública dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2001.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO I

Comeza a delimitación no punto A, sito na confluencia da rúa Rodas coa Ribeira de Fefiñáns e segue pola ribeira e Paseo da Calzada, incluíndo a alameda, ata o punto B, quebrando cara á Avenida de Galicia e continuando desde o seu comezo, polo seu eixe, ata o punto C, onde xira en ángulo recto para envolve-las construccións con fronte á rúa Borrón e a Fábrica de Conservas e saír ó bordo do mar, punto D. Desde aquí, segue bordeando o núcleo urbano ata o punto E situado onde rematan as edificacións da rúa Alameda Vella. Desde aquí, segue pola rúa Montesacro ata o punto F situado á altura do edificio nº 21. Segue cunha liña quebrada pola parte posterior dos soares das rúas Montesacro, Valvanera e O Breixiño ata o nº 14 desta última rúa, onde se sitúa o punto G, para continuar ata o nº 3 desa mesma rúa onde quebra en ángulo recto e sae á rúa Valvanera incluíndo a edificación nº 3, punto H. Baixa por esta rúa ata o límite das edificacións nº 6 e 8 para logo atravesar cunha liña quebrada

ata a travesía da rúa Barreiro, incluíndo as edificacións nº 8 e 11 e saír á rúa Narciso Pérez, punto I, entre as edificacións nº 3 e 5. Segue pola rúa Narciso Pérez ata o seu encontro coa avda. de Galicia onde xira en dirección noroeste e continúa polo seu eixe ata o punto J situado a 85 metros, pasado o inmoble nº 77.

Desde aquí atravesa a rúa Santa Margarita incluíndo a capela e a edificación nº 2 desa rúa, punto K, e continúa pola rúa Albariño ata a rúa Nova, punto L, onde xira en dirección leste para continuar pola rúa Os Píos e saír á avda. da Pastora incluíndo os inmobles 1,3 e 5 da rúa Os Píos e deixando fóra o nº 24 da avenida da Pastora, punto M.

Desde aquí, diríxese cara ó Pazo dos Ulloa, engloba todo o predio e retorna á Avenida da Pastora, no seu encontro coa rúa Eduardo Pondal onde se sitúa o punto N. Segue pola rúa Eduardo Pondal e logo pola rúa Os Pazos ata o punto O, situado a 35 metros, para continuar en liña quebrada incluíndo as edificacións con fronte á rúa Os Pazos e á rúa Carballeira e saír a esta última rúa no punto P. Desde aquí, bordea a parcela da escola obradoiro, incluíndoa na delimitación, sae á rúa San Francisco no punto Q e percorre 70 metros en dirección sur ata o seu encontro coa rúa Pontevedra. Descende polo eixe desta última rúa ata a altura do edificio nº 1, onde se atopa o punto R, atravesa a rúa Ourense incluíndo a edificación nº 2 e continúa pola parte posterior do edificio do concello ata saír á avenida Vilariño, punto S.

Xira en dirección leste e chega á avenida de Madrid, continúa polo eixe da Avenida de Madrid ata o edificio nº 7 (a casa onde naceu Francisco Asorey), inclúe casa e predio na delimitación e sae

á rúa Valle Inclán, punto T. Desde aquí, en liña quebrada e abarcando os predios dos inmobles nº 2 a 12 da rúa Real, chega ó límite do predio de Fefiñáns que engloba na súa totalidade xunto coa zona de protección da Torre da Homenaxe e o predio colindante, ata saír á Avenida de Vilagarcía onde se atopa o punto U. Percorre 70 metros en dirección sur polo eixe da avenida e atravesa a rúa Carreira onde xira de novo en dirección sur e avanza ata o seu encontro coa Avenida da Coruña, punto V. Segue pola avenida da Coruña uns 35 metros ata o límite do campo de fútbol e desde aquí, en liña quebrada sae á rúa Sevilla, punto W, pola parte posterior dos predios dos inmobles con fronte ás rúas San Bieite, Fomento e Rianxeira. Desde aquí, seguindo a medianeira dos edificios nº 1 e 3 da rúa Sevilla, e logo en liña quebrada, atravesa á rúa Celso Emilio Ferreiro, punto X, e descende por esta última rúa ata o seu encontro co inicio da delimitación onde se pecha.