Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.218

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (127/2001).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 127/2001 por instancia de Ramón Peniza Vázquez contra Román Beiro García, sobre despedimento, nos que recaen sentencia con data do 26-4-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Sentencia: que estimando a demanda promovida por Ramón Peniza Vázquez, contra a empresa Román

Beiro García, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ó demandante con data do 10-1-2001, condenando a demandada a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou ó aboamento da cantidade de 217.157 pesetas en concepto de indemnización, e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, a razón de 7.239 pesetas diarias.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o resgardo acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5.605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debe consignar, ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo

recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a empresa Román Beiro García, expido e asino esta cédula na Coruña o 26 de abril de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado