Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.216

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de maio de 2001 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os opositores que superaron o procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 16 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 22 de marzo).

Pola Orde do 18 de setembro de 2000 nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de mestres os opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 16 de marzo de 2000 (DOG do 22 de marzo).

Finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente no procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 16 de marzo de 2000 (DOG do 22 de marzo) os opositores que figuran no anexo da Orde do 1 de setembro de 2000.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria