Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.216

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de maio de 2001 pola que se declara apto na fase de prácticas un opositor que superou o procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 6 de maio de 1992 (Diario Oficial de Galicia do 7 de marzo).

Pola Orde do 13 de outubro de 2000 (DOG do 23 de novembro) nomeouse funcionario en prácticas do corpo de mestres un opositor seleccionado no procedemento selectivo convocado pola Orde do 6 de maio de 1992 (DOG do 7 de maio).

Finalizada a fase de prácticas e vista a proposta efectuada pola comisión avaliadora, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Declarar apto na fase de prácticas e aprobado definitivamente no procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 6 de maio de 1992 (DOG do 7 de maio) o opositor que figura no anexo da Orde do 13 de outubro de 2000 (DOG do 23 de novembro).

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria