Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso de arrendamento de productos e bens mobles, polo procedemento aberto, para o arrendamento dun equipo de termocoagulación por radiofrecuencia destinado ó Servicio de Neurocirurxía deste complexo hospitalario (C. 147/2001).

O director xerente xo Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das

competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artiigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

Nº referencia expediente: C. 147/2001.

Obxecto: arrendamento dun equipo de termocoagulación por radiofrecuencia destinado ó Servicio de Neurocirurxía do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

Orzamento: 6.500.000 pesetas, (39.065,79 euros).

Garantía provisional: o 2% do orzamento de licitación, é dicir, 130.000 pesetas, (781,32 euros).

1. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto, de arrendamento de productos e bens mobles.

2. Prazo de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo).

As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 15 de maio de 2001.

Jesús Caramés Bouzán

Directorxerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña