Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2001, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto, por tramitación ordinaria, da subministración de diverso material informático para reposición dos centros dependentes desta xerencia (C.P. 3/2001).

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación que a seguir se cita.

Obxecto: adquisición de diverso material informático para reposición dos centros dependentes da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, de acordo co contido do prego de prescricións técnicas e normas complementarias (C.P. 3/2001).

Orzamento: máximo autorizado de tres millóns seiscentas trinta e oito mil cincocentas pesetas (3.638.500 pesetas) (IVE incluído) (21.867,83 euros).

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

Prazo de execución do contrato: desde a formalización.

Admisión de variantes: admítense variantes.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, nos servicios de subministracións da Xerencia de Atención Primaria de Lugo; praza de Ferrol nº 11-4ª planta, 27001 Lugo. Teléfono: 982 29 63 29 e 982 29 63 96; fax: 982 29 62 28; tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados na folla de especificacións do prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados na folla de especificacións do prego.

Criterios de adxudicación:

1. Prezo: 9 puntos.

2. Calidade: 11 puntos.

Clasificación: non se precisa.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle á Xerencia de Atención Primaria a remisión da oferta mediante fax: 982 29 62 28, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar no salón de actos da Xerencia de Atención Primaria de Lugo a partir das 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 26 de abril de 2001.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director xerente de Atención Primaria de Lugo