Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 28 de maio de 2001 Páx. 7.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2001 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica no río Umia, xunto co proxecto e estudio de avaliación ambiental do concurso PO/78/98.

No organismo autónomo Augas de Galicia achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Umia, presentada cos proxectos das obras e instalacións e o estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, no que figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Con este anuncio, para dar cumprimento ó disposto no artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométense de forma simultánea ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, as peticións e documentación técnica e ambiental que se tratan en concreto no anexo, para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia,

praza Camilo Díaz Valiño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que

corresponden facer desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Cuntis (Pontevedra).

Os que se consideren interesados terán, para os devanditos efectos informativos, á súa disposición, copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e do estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento:

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: praza de Camilo Díaz Valiño, s/n (edificio da estación de autobuses), 15781 Santiago de Compostela.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Os Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais dos proxectos:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Os Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra: rúa Nova de Abaixo, nº 2, 36071 Pontevedra.

* Concello de Cuntis: praza da Constitución, s/n, 36670 Cuntis (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Técnicos Asociados Gallegos, S.A.

Enderezo: avda. da Habana, nº 5, 32003 Ourense.

Denominación do aproveitamento: Salto de Ermida, no río Umia.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 8.000 l/sg.

Corrente de derivación: río Umia (cota de coroación: 234 m).

Corrente de restitución: río Umia (cota de restitución: 181 m).

Desnivel (salto bruto): 53 m.

Altura máxima sobre o leito: 4 m.

Potencia xerador: 4.010 kVA (factor de potencia 0,85).

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: Cuntis (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude.

O azude será de gravidade de planta recta cunha lonxitude de coroación de 41,5 m, dos que 23 m corresponden a un vertedoiro tipo Creager, coa previsión dunha escala de peixes. A cota de coroación é de 238,5 m e a cota de vertedura é de 234 m. Proxéctase a toma provista de reixa e seguida dunha cámara de sedimentación de dimensións 13,2x4x4 m. Xunto á cámara de sedimentación sitúase un vertedoiro de 5,56 m de lonxitude para desaugar caudais excedentarios.

Canle de derivación.

Consta dunha lonxitude de 1.450 m de sección transversal útil de 2,5 m de base x 2 m de altura, escavado en gabia e cunha pendente constante igual a un por mil.

Cámara de carga.

Existe unha cámara de carga, simple prolongación da canle, cun volume de 130 metros cúbicos, unha lonxitude de 13 metros, un largo de 4 metros e unha altura útil de 2,5 metros.

Tubaxe forzada.

Trátase dunha tubaxe de palastro, de sección circular de 1.600 mm de diámetro e 110 m de lonxitude, salvando o desnivel entre o cota 232,08 e a cota 181 m.

Central.

Situada na zona de Ermida, próxima a Cuntis, de dimensións en planta de 12,2 m x 6,5 m e de altura exterior de 6,55 m.

O aproveitamento hidroeléctrico proxéctase con dúas turbinas tipo Francis de eixe horizontal, axustadas a alternadores síncronos trifásicos de 2.005 kVA de potencia aparente e 6.000 V de tensión nominal, de velocidade nominal de 750 r.p.m. e de frecuencia de 50 hz.

Ademais, instálanse diversos equipos auxiliares (transformadores de intensidade, de tensión, elementos de protección, módulos de medida, mando e alimentación).

* Afeccións.

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento; os bens ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da nece-

saria expropiación forzosa son os que se indican a seguir cos seus propietarios:

PropietariosCultivoSuperficie

(m)

Muíño González, JoséMonte alto245

Carracedo Pérez, ManuelMonte alto185

Varela Hernández, FedericoMonte alto65

Novo Bustillo, AmalioMonte alto96

Conde Conde, FelisaMonte alto145

Conde Conde, FelisaMonte alto615

Muíño Conde, AmadorMonte alto215

López Cortés, EnriqueMonte alto410

Araújo Gómez, AntoniaMonte alto123

Iglesias Lagos, HerminiaMonte alto652

Iglesias Lagos, FelipeMonte alto415

Souto Hernando, José MiguelMonte alto698

Rey Cela, Fco. JavierMonte alto513

Pérez Vigil, JaimeMonte alto326

Sánchez Pereira, FlorencioMonte alto852

Rodríguez Pérez, EdelmiroMonte alto140

Rodríguez Pérez, CarlosMonte alto125

Cortés Langa, Juan AlbertoMonte alto401

Torres Pérez, ManuelMonte alto109

Jiménez Pallarés, ConcepciónMonte alto846

Gómez Fraga, AsunciónMonte alto615

Osorio Girón, Juan JoséMonte alto410

Gómez Fernández, José ManuelMonte alto368

Gómez Fernández, María LuisaMonte alto864

Almagro Buisan, SoniaMonte alto724

Juanes Gómez, SergioMonte alto159

González Gutiérrez, ValerioMonte alto642

Ramos Huidobro, SantiagoMonte alto1.220

Juanes Gómez, SergioMonte alto639

Osorio Girón, Juan JoséMonte alto547

Sánchez Camino, José LuisMonte alto263

Balerio López, ValerianoMonte alto410

Ortiz Campos, FelipeMonte alto225

Outeiro Iglesias, ArsenioMonte alto320

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.