Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 28 de maio de 2001 Páx. 7.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/128-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. Chapela-Chapela A Igrexa.

Situación: Redondela.

Características técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 15 kV, de 227 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor LA-110, desde o apoio existente 1 onde chega a L.M.T. procedente do C.T. Chapela ata o apoio nº 3 desta liña que se proxecta, desde onde continúa en subterráneo 225 m de lonxitude, con conductor R.H.V., rematando no C.T. existente Chapela-A Igrexa, no concello de Redondela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 11 de abril de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra