Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Sábado, 26 de maio de 2001 Páx. 7.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/131-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.D. praza Xoán XXIII nº 8-rúa Aquilino Iglesias.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 75 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. existente entre os CC.TT. existentes de López Ballestereos, Duque de Rivas e Carril ata o centro de distribución que se proxecta denominado praza Xóan XXIII nº 8, na rúa Aquilino Iglesias, no concello de Vilargarcía de Arousa, rematando no punto de inicio da liña. C. distribución con 3 celas de liña CML-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 10 de abril de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra