Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Sábado, 26 de maio de 2001 Páx. 7.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/130-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1855/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. camiño Viño nº 8 San Lourenzo.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. aéreo-subterránea, a 15 kV, de 35 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor LA-56, e 25 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde unha torre metálica existente na L.M.T. Mohasa ata o C.T. que se proxecta no camiño Viño nº 8 San Lourenzo, concello de Vigo. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 10 de abril de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra