Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Sábado, 26 de maio de 2001 Páx. 7.080

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2001 pola que se adxudican as axudas para equipamento e infraestructura de investigación e bibliotecaria convocadas no anexo II da Orde do 1 de febreiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 6 de febreiro).

A Orde do 1 de febreiro de 2001 (DOG do 6 de febreiro), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes ás accións do programa de promoción xeral da investigación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento e se procede a súa convocatoria, prevé no anexo II, a concesión de axudas para equipamento de infraestructura de investigación e bibliotecaria.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo ás dispoñibilidades de crédito e á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo Decreto 37/1998, (DOG do 6 de febreiro) e orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de marzo de 2001 (DOG do 19 de marzo), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas para equipamiento de infraestructura de investigación e bibliotecaria ós solicitantes que se citan nos anexos I e II desta resolución, na contía que se sinala.

Segundo.-De conformidade coas bases 5 e 6 da convocatoria, os beneficiarios destas axudas deberán presentar, antes do 30 de setembro de 2001, a documentación seguinte:

1. Factura acreditativa da adquisición do material financiado.

2. Declaración complementaria, realizada polo beneficiario do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo material das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

3. Para as axudas superiores a 10.000.000 de pesetas xustificación documental na que conste de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada. A inobservancia dos beneficiarios de calquera dos requisitos establecidos na orde de convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Terceiro.-Informar favorablemente, de acordo coa proposta elaborada pola comisión, as solicitudes que se relacionan nos anexos III e IV desta resolución e que corresponden a centros e organismos dependentes da Xunta de Galicia.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento procederá a efectua-las oportunas retencións de crédito polos importes concedidos ós ditos centros e organismos co obxecto de que as consellerías das que dependen poidan solicita-las ampliacións de crédito segundo o previsto no artigo 64.1º g) da Lei 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia que lle permitan a adquisición do correspondente material.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2001.

P.D. (Orde 1-2-2001, DOG do 6 de febreiro)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento

ANEXO I

SolicitanteMaterialProposta

(pesetas)

Universidade de Santiago de CompostelaCitómetro de scanner, sistema de medición de radiacións, espectrómetro IR, sistema de espectrometría óptica ICP, equipo preparación de mostras para microscopia electrónica, equipo de desaxuste para espectrómetro RMN, cavidad para experimentos EPR, analizador elemental100.000.000

Universidade da CoruñaDetector multicanal intensificado JCCD, sistema de ensaio de estanquidade de elementos contractivos, sistema automatizado de espectrometría de masas, sistema MSn de procesado de mostras ambientais, equipo de mostras ou procesado de compoñentes volátiles, dixitalización de imaxes de microscopia electrónica, equipo de voltamperometría.100.000.000

Universidade de VigoDifractómetro de raios X, espectómetro de masas, especiómetro de RMN, criosonda de triple resonancia, accesorio para ampliación de experimentos HRMAS.100.000.000

Delegación en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC)Material bibliográfico15.880.000

Universidade da CoruñaMaterial bibliográfico9.980.000

Universidade de Santiago de CompostelaMaterial bibliográfico9.999.000

Universidade de VigoMaterial bibliográfico9.870.000

Servicio Galego de Saude (Sergas)Material bibliográfico8.960.000

Instituto Español de OceanografíaMaterial bibliográfico3.846.000

Biblioteca de Estudios Teolóxicos de GaliciaMaterial bibliográfico11.800.000

Fundación RofcodinaMaterial bibliográfico300.000

ANEXO II

BeneficiarioCentro / Departamento / OrganismoCódigo da axudaMaterial solicitadoSubvención

(pesetas)

Albentosa Verdú, MarinaInst. Español Oceanográfico da Coruña / / IEOPGIDT01PXI60401IFAnalizador de distribución de tamaño de partícula6.000.000

Alonso Alonso, RicardoFac. de Química / Química Orgánica / USCPGIDT01PXI20901IFEquipo de separación cromatográfica e detección gases-masas10.000.000

Arce Vázquez, VíctorFac. de medicina e odontoloxía / Fisioloxía / USCPGIDT01PXI20801IFCitómetro de fluxo8.000.000

Barreiro Lois, AndrésFac. de veterinaria / Patoloxía Animal / USCPGIDT01PXI26101IFEquipo de videoendoscopia dixital12.300.000

Cano Rubio, ErnestoFac. de farmacia / Farmacoloxía / USCPGIDT01PXI20301IFEspectrofluorímetro de altas prestacións13.200.000

Carballeira Ocaña, AlejoFac. de bioloxía / Bioloxía Fundamental / USCPGIDT01PXI20001IFEquipamento espectrofotometría de absorción atómica6.000.000

Castro Beiras, AlfonsoInst. universitario de ciencias da saúde / / UDCPGIDT01PXI16101IFSecuenciador automático do ADN16.000.000

Criado Álvarez, María TeresaFac. de farmacia / Microbioloxía e Paraxitoloxía / USCPGIDT01PXI20302IFSistema para análises de proteoma7.100.000

Docobo Durántez, José ÁngelObservatorio astronómico Ramón Mª Aller / / USCPGIDT01PXI24301IFTelescopio ecuatorial de 60 cm de apertura19.000.000

Durán Escribano, IgnacioFac. de física / Física de Partículas / USCPGIDT01PXI20601IFEquipo de espectrometría gamma de alta resolución13.000.000

Fernández Pérez, JosefaFac. de física / Física Aplicada / USCPGIDT01PXI20602IFViscosímetro para presións elevadas10.200.000

Fernández Suárez, EmilioFac. de ciencias / Ecoloxía e Bioloxía Animal / UVIPGIDT01PXI30101IFFluorímetro sumerxible de alta taxa de repetición14.500.000

Fraile Peláez, Francisco JavierETSE de telecomunicacións / Tecnoloxía das Comunicacións / UVIPGIDT01PXI32201IFFonte múltiple de 4 lasers9.100.000

Freire Nistal, José LuisFac. de informática / Computación / UDCPGIDT01PXI10501IFClúster formado por 30 nodos con arquitectura X867.500.000

García Sánchez, ManuelFac. de física / Física da Materia Condensada / USCPGIDT01PXI20603IFMicrocalorímetro isotérmico ultrasensible13.000.000

Guisande González, CástorFac. de ciencias / Ecoloxía e Bioloxía Animal / UVIPGIDT01PXI30102IFCitómetro de fluxo8.000.000

Guitián Rivera, FranciscoInst. de cerámica / / USCPGIDT01PXI23901IFForno de inducción13.500.000

Guitián Rivera, JavierFac. de farmacia / Bioloxía Vexetal / USCPGIDT01PXI20303IFEquipo de microscopia de epifluorescencia6.000.000

Leon Fong, Betty MireyaETSE de telecomunicacións / Física Aplicada / UVIPGIDT01PXI32202IFEquipo de medida de perfís11.000.000

Longo González, María AsunciónFac. de ciencias / Enxeñería Química / UVIPGIDT01PXI30103IFEquipo de cromatografía líquida (FPLC) para purificación de proteínas9.500.000

Martínez Pacheco, RamónFac. de farmacia / Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica / USCPGIDT01PXI20304IFEquipo de calorimetría diferencial de varrido de temperatura modulada9.500.000

Mato de la Iglesia, SalustianoFac. de ciencias / Ecoloxía e Bioloxía Animal / UVIPGIDT01PXI30104IFEquipo de cromatografía de gases e espectrómetro de masas (GC/MS)10.000.000

Michinel Álvarez, HumbertoFac. de ciencias / Física Aplicada / UVIPGIDT01PXI38301IFAutocorrelador E láser ND12.500.000

Muniategui Lorenzo, SoledadFac. de ciencias / Química Analítica / UDCPGIDT01PXI10301IFSistema de extracción con disolventes acelerado11.320.000

Pastoriza Enríquez, LauraInst. de Investigacións Mariñas de Vigo / / CSICPGIDT01PXI40201IFEquipo para a determinación de nitróxeno6.000.000

Paz González, AntonioInst. Universitario de Xeoloxía / Ciencias da Navegación e da Terra / UDCPGIDT01PXI16201IFSistema de medida do contido hídrico do solo por reflectometría6.000.000

Peleteiro Salgado, JoséFac. de ciencias / Física Aplicada / UVIPGIDT01PXI38302IFSistema para ensaios de dispersión de luz dinámica e estática, tamaño de partículas e pesos moleculares13.500.000

Pombal Diego, Manuel ÁngelFac. de ciencias / Bioloxía Fundamental e CC. da Saúde / UVIPGIDT01PXI30105IFEstación de reproducción e cría de lampreas8.700.000

Quintela López, José MaríaFac. de ciencias / Química Fundamental / UDCPGIDT01PXI10302IFSoftware, estación de cálculo e estación de visualización para a modelización molecular11.500.000

Rodríguez de Lera, ÁngelFac. de ciencias / Química Física e Química Orgánica / UVIPGIDT01PXI30106IFEquipo de espectrofotometría UV/VIS5.500.000

Rodríguez Otero, José LuisFac. de veterinaria / Química Analítica Nutrición e Bromatoloxía / USCPGIDT01PXI26102IFEquipo automático de encimoinmunoensaio5.600.000

Ron Pedreira, Antonio M. deMisión Biolóxica de Galicia (Pontevedra) / / CSICPGIDT01PXI40301IFInvernadoiro para mellora xenética en condicións ambientais controladas10.000.000

Sierra Marcuño, GermánFac. de medicina e odontoloxía / Bioquímica e Bioloxía Molecular / USCPGIDT01PXI20802IFEquipo de cromatografía líquida (HPLC)10.000.000

Uriarte Villares, Eugenio MaríaFac. de farmacia / Química Orgánica / USCPGIDT01PXI20305IFSistema de deseño molecular7.560.000

Valle-Inclán Alsina, FernandoFac. de ciencias da educación / Psicoloxía / UDCPGIDT01PXI10601IFSistema para a medición non invasiva do fluxo rexional cerebral baseado na concentración de hemoglobina8.400.000

BeneficiarioCentro / Departamento / OrganismoCódigo da axudaMaterial solicitadoSubvención

(pesetas)

Vega Lisi, Félix VíctorFac. de veterinaria / Fisioloxía / USCPGIDT01PXI26103IFEspectrómetro de luminiscencia8.300.000

Vilas Martín, FedericoFac. de ciencias / Xeocencias Mariñas e Ordenación do Territorio / UVIPGIDT01PXI30107IFEquipamento de desimanación térmica13.300.000

Zarra Cameselle, IgnacioFac. de bioloxía / Bioloxía Vexetal / USCPGIDT01PXI20002IFSistema de filotrones para crecemento de plantas8.200.000

ANEXO III

BeneficiarioCentro / Departamento / OrganismoCódigo da axudaMaterial solicitadoSubvención

(pesetas)

González Rodríguez, AntonioCentro de Investigacións Agrarias de Mabegondo / / C. AgriculturaPGIDT01PXI50301IFEquipamento para laboratorio de cultivo celular5.750.000

ANEXO IV

CentroConselleríaMaterialAxuda

(pesetas)

Centro de Investigacións de MabegondoAgricultura, Gandería e Política AgroalimentariaMaterial bibliográfico7.930.000

Centro de Investigacións Forestais de LourizánConselleria de Medio AmbienteMaterial bibliográfico4.000.000

Laboratorio de Sanidade e Producción AnimalAgricultura, Gandería e Política AgroalimentariaMaterial bibliográfico1.023.000

Estación de Viticultura e Enoloxía de GaliciaAgricultura, Gandería e Política AgroalimentariaMaterial bibliográfico 403.000