Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 25 de maio de 2001 Páx. 7.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/118-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C. distribución polígono As Gándaras-parcela 105.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 357 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a subestación de Atios ata o pórtico desde onde ten a súa orixe a L.M.T.A. ATI-708 e alimentando en bucle o C. distribución que se proxecta na parcela 105, do polígono das Gándaras, en industrias LAP, no concello do Porriño. Centro de distribución con tres liñas de manobra exterior.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 3 de abril de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra