Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 25 de maio de 2001 Páx. 7.072

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/117-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. C.T. e R.B.T. catro Pontes-Pousadoura.

Situación: Redondela.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 65 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde A L.M.T.S. TRO 7.16, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta en Pousadoura,

no concello de Redondela, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 130 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 3 de abril de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra