Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 24 de maio de 2001 Páx. 7.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 9 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN661A 01/2).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 136), sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Energía de Galicia, S.A. (Engasa).

Domicilio social: r/ Londres, 11 B, baixo, (As Fontiñas), 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: parque eólico de Santa Comba.

Municipios afectados: Santa Comba, Zas (A Coruña).

Coordenadas:

V: (X=509.000; Y=4.770.000)

V: (X=510.000; Y=4.769.000)

V: (X=511.000; Y=4.769.000)

V: (X=509.000; Y=4.764.000)

V: (X=506.000; Y=4.764.000)

V: (X=506.000; Y=4.765.500)

Potencia que se vai instalar: 25 MW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 9 de abril de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña