Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 24 de maio de 2001 Páx. 7.016

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (783/2000).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe es testemuño de que nos autos de xuízo número 783/2000, seguidos por instancia de José Manuel Vales González contra a empresa Manuel Gay Casas e Outro, sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia. En Lugo o vintecatro de abril de dous mil un. Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 783/2000, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante, José Manuel Vales González, representado polo graduado social Luis Antonio Palmón Díaz e, como parte demandada, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu a empresa demandada Manuel Gay Casas, malia estar citada en legal forma.

Decido que, estimando a demanda interposta por José Manuel Vales González contra a empresa Manuel Gay Casas, na que foi parte, así mesmo, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), debo condenar e condeno a patronal demandada a lle aboar

ó demandante a cantidade de trescentas cincuenta e tres mil trescentas oitenta e cinco pesetas brutas (353.385 pesetas), polos conceptos expresados no segundo dos feitos probados desta resolución, mailo xuro de mora procesual ex. artigo 576 da Lei de axuizamento civil. Absólvese o Fogasa sen prexuízo da súa ulterior responsabilidade, no caso de ser declarada a insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-69, nº de autos 783/2000, que este xulgado do social ten aberta no Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade, na rúa da Raíña nº 1, a cantidade obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la

responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá cons

ta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 25.000 pesetas prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65, nº de autos 783/2000 do Banco Bilbao-Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de se-la empresa demandada quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado. Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Manuel Gay Casas, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o vinteseis de abril de dous mil un.

Rubricado