Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 24 de maio de 2001 Páx. 7.013

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de arquitectos, lista B, de conformidade co punto cuarto da Resolución do 5 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 53, do 15 de marzo).

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 10 de maio de 2001,

resolucións estimatorias dos recursos formulados, respectivamente, por Elizabeth Abalo Díaz, Luis Francisco Díaz Fuentes, María Elia Estraviz Prado e María Elena Parajó Calvo, contra a Resolución do 5 de marzo de 2001, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo incluídos nas relacións de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de arquitectos, de conformidade co punto cuarto da Resolución do 5 de marzo de 2001 (DOG nº 53, do 15 de marzo), lista B.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións dos interesados, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas nas listas publicadas por Resolución do 5 de marzo de 2001, no sentido de que deben figurar na lista B para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de arquitectos, cos datos siguientes:

Elizabeth Abalo Díaz, DNI: 33.287.036, lista B. Puntuación 0,980 puntos, no posto número 26 para o ámbito D0000, no posto número 26 para o ámbito D1500 e no posto número 13 para o ámbito D3600.

Luis Francisco Díaz Fuentes, DNI: 32.803.342, lista B. Puntuación 0,770 puntos, no posto número 52 para o ámbito D1500.

María Elia Estraviz Prado, DNI: 32.662.532, lista B. Puntuación 1,400 puntos, no posto número 10 para o ámbito D0000, no posto número 11 para o ámbito D1500, e no posto 5 no ámbito D2700.

María Elena Parajó Calvo, DNI:36.098.230, lista B. Puntuación 1,350 puntos, no posto número 11 para o ámbito D0000, no posto número 12 para o ámbito D1500, e no posto número 4 para o ámbito D3600.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta ás modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública