Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 24 de maio de 2001 Páx. 7.009

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de maio de 2001 pola que se resolve a convocatoria da do 17 de febreiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 1 de marzo), de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario.

A Orde do 17 de febreiro de 2001 (DOG do 1 de marzo), pola que se convocan e aproban as bases que rexen as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario prevé, respectivamente, nos seus anexos I, II e III, a concesión de bolsas para actualización do profesorado respecto da materia que imparten, axudas para a formación de profesores en novas titulacións e axudas para o financiamento de estadías de profesores visitantes.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, e atendendo ó informe-proposta elevado pola comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles unha bolsa para actualización do profesorado respecto da materia que imparten ás persoas que se relacionan no anexo I a esta orde, para realizar unha estadía no centro que se sinala, polo tempo que se especifica e na contía que se indica.

Segundo.-Concederlles unha axuda para a formación de profesores en novas titulacións ás persoas que se relaciona no anexo II a esta orde, para realizar unha estadía no centro que se sinala, polo tempo que se especifica e na contía que se indica.

Terceiro.-Concederlles ás universidades unha axuda para o financiamento de estadías dos profesores visitantes que se relacionan no anexo III a esta orde e pola contía que se indica en cada caso.

Cuarto.-O pagamento das bolsas ás que se refiren os puntos primeiro, segundo e terceiro farase de acordo co establecido nas respectivas bases da convocatoria.

Quinto.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 17 de febreiro de 2001 suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Sexto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Profesores ós que se lles conceden bolsas

para actualización do profesorado respecto

da materia que imparten

Bolseiro

Destino

Meses

concedidos

Contía

mensual

Axuda

instituc.

Total

Chouza Insua, MarceloInstituto del Quemado de Córdoba-Arxentina1110.00055.000165.000

Raposo Vidal, IsabelAsoc. Kinesiterapeutas Bélxica1110.00055.000165.000

Frutos Martínez, Mª ConsueloUniv. Trento-Italia1110.00055.000165.000

Arias Sánchez,PedroDepart. I+D, Sócratec GMBH-Alemaña1110.00055.000165.000

Montes López, MaríaUniv. per Stranieri di Perugia-Italia1 mes e

15 días

165.00055.000220.000

Graña López, Manuel ÁngelUniv. Politécnica de Valencia1 mes e

15 días

165.00017.000182.000

López Larrosa, SilviaOunce of preventión organizatión de Chicago-EE.UU.1120.00055.000175.000

Rojo Salgado, ArgimiroUniv. de Florencia-Italia2220.00055.000275.000

Vázquez Dorrío, José BenitoUniv. de Oviedo15 días55.00017.00072.000

Díaz-Maroto Hidalgo, Ignacio JavierConsejo Superior Inv. Científicas-Huesca1 mes e

15 días

165.00017.000182.000

TOTAL1.766.000

Profesores excluídos por non presenta-la

documentación no prazo legalmente establecido

na orde de convocatoria

Lorenzo Cimadevila, Henrique.

ANEXO II

Profesores ós que se lles conceden bolsas

para actualización do profesorado en novas

titulacións

Bolseiro

Destino

Meses

concedidos

Contía

mensual

Axuda

instituc.

Total

Garcimartín Montero, Mª del Carmen

Univ. Santiago de C.

Univ. Complutense de Madrid8110.00017.000897.000

Lusquiños Rodríguez, Fernando

Univ. de Vigo

Univ. de Castilla-La Mancha2110.00017.000237.000

TOTAL1.134.000

Profesores excluídos por presenta-la solicitude

fóra do prazo legalmente establecido na orde

de convocatoria

López López, Fernando.

ANEXO III

Axudas para financiar estadías de profesores

visitantes

Universidade de Santiago de Compostela

Profesor visitanteContía en pesetas

Czapkiewicz, Jan737.500

Rubert de Ventos, Xavier368.750

Profesor visitanteContía en pesetas

Roseman, Sharon368.750

Ramos Irizar, Agustín368.750

Rodríguez Alonso, Rodolfo737.500

Tanré, Daniel737.500

Estrada Roger, Ernesto2.028.125

Vignuzzi, Ugo368.750

Caprara, Gian Vittorio368.750

Quiñones Cisneros, Sergio368.750

Rodríguez Longarela, Iñaqui737.500

TOTAL7.190.625

Universidade da Coruña

Profesor visitanteContía en pesetas

Aparecida Abreu, Cleide921.875

Sáiz Jabardo, José María1.843.750

Colágelo, Antonio Carlos1.659.375

López García, Asenet921.875

Hernández López, Héctor Juan737.500

Bouza Herrera, Carlos737.500

Kumar Ray, Jayanta368.750

TOTAL7.190.625

Universidade de Vigo

Profesor visitanteContía en pesetas

Tarielandze, Vazja2.950.000

Godino, Antonio368.750

TOTAL3.318.750