Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Servicios Comunitarios.

c) Número de expediente: 38/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de combustible de calefacción para colexios públicos do municipio no ano 2001.

b) Lugar de entrega: o producto subministrarase a granel, por transvasamento do medio de transporte utilizado polo subministrador ós depósitos de almacenamento do concello.

c) Prazo de entrega: como regra xeral, entre a recepción formal do pedido nas dependencias do subministrador e a entrega do producto non mediarán máis de dous días hábiles.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Non se fixa un orzamento inicial, estimándose esta contratación de contía indeterminada, tanto pola variación de prezos como pola dos consumos a que está sometida.

5. Garantías.

Provisional: 500.000 pesetas (3.005,06 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Documentación: Copy Estudio. Rúa Nova de Abaixo, 19-21, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono e fax: 981 59 33 85.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Contratación). Praza Obradoiro, 1, 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 23 75 e fax: 981 57 76 27.

Data límite de obtención de documentos e información: 15 días naturais a partir da última publicación realizada no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir da última publicación realizada no BOP e no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 16 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Santiago de Compostela (rexistro xeral).

2ª Domicilio: rúa da Trinidade, 1 (Pavillón da Trindade).

3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Santiago de Compostela (Secretaría).

b) Domicilio: Praza do Obradoiro, 1.

c) Localidade: 15705 Santiago de Compostela.

d) Data: segundo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

9. Outras informacións: os criterios de adxudicación son os especificados na cláusula 18 do prego.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2001.

P.D.

Luis Toxo

Tenente alcalde