Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión que tivo lugar o día 26 de abril do ano que corre, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación por concurso das obras do proxecto de accesos a núcleos de poboación de Gasalla, A Paleira, Casal de Madre e Estévez, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP e no DOG, para efectos de exame, e reclamacións.

Simultaneaemnte, anúnciase a contratación da dita obra, ainda que no suposto de presntarse reclamacións contra o prego de cláusulas, o concurso se aprazará cando resulte necesario, ata que sexan resoltas pola propia Corporación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Concello da Pastoriza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Accesos a núcleos de poboación de Gasalla, A Paleira, Casal de Madre e Estévez.

b) Lugar de execución: municipio da Pastoriza.

c) Prazo de execución: nove meses.

3. Orzamento base de licitación. Importe total.

10.600.000 pesetas, IVE incluído.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Garantías.

a) Provisional: 212.000 pesetas.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello da Pastoriza.

b) Domicilio: Praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade e código postal: A Pastoriza, 27287.

d) Teléfono: 982 33 21 97.

e) Fax: 982 3 22 33.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo en no DOG, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello da Pastoriza. Praza de Galicia nº 1.

8. Apertura de ofertas: no salón de sesións deste concello ás trece horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

9. Criterios que servirán de base para a adxudicación:

Antecedentes relativos a obras de natureza análoga realizadas polo contratista para este concello e para as distintas administracións públicas: ata oito puntos.

Unidades de obra adicional: ata seis puntos.

Prazo de execución da obra ofertado polo contratista: ata catro puntos, ó criterio da mesa de contratación, condicionado á súa viabilidade.

Menor prezo ofertado: ata dous puntos.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Pastoriza, 8 de maio de 2001.

José Yáñez García

Alcalde