Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 18 de abril de 2001, da Dirección Xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se lles notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a continuación, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046 0272 000 25559, Banco Galego, urbana nº 3, rúa Brasil nº 11 de Vigo, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de

decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de mora (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobro, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de 15 días desde o seguinte a esta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma. (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Para que conste, sirva de notificación ó interesado e, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

En Vigo, 18 de abril de 2001.

Xosé Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo

Suxeito pasivo: Manuel Lameiro Iglesias.

DNI: 7.900.213.

Período: 13-9-2000.

Concepto: asistencia sanit.

Débeda: 35.840.