Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2001 pola que se publica a adxudicación do contrato dos servicios de vixilancia e seguridade nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública.

En cumprimento do establecido no R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, no seu artigo 93.2º, esta dirección acorda darlle publicidade á adxudicación dun contrato dos servicios de vixilancia e seguridade nas dependencias da EGAP.

1. Entidade adxudicadora: Escola Galega de Administración Pública.

2. Obxecto:

a) Contratación dos servicios de vixilancia e seguridade nas dependencias da EGAP.

b) Data de publicación: DOG nº 40, do 26 de febreiro de 2001.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base licitación: 23.000.000 de pesetas.

5. Adxudicación:

a) Data: 4 de abril de 2001.

b) Contratista: Grupo Cetssa Seguridad, S.A.

c) Importe: 20.029.157 pesetas (120.377,66 euros).

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública