Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 18 de abril de 2001, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00404-S-2000).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes, contado

a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 do Banco Bilbao-Vizcaya, Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 18 de abril de 2001.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00404-S-2000

C-8135-AC

Policía Autonómica

Victoria Carnota Beade

Rúa do Porto-Amio, 16

150 Santiago de Compostela (A Coruña)

Realizar transporte de mercadorías (froitas e peixe), carecendo do certificado de autorización especial para o transporte de mercadorías perecedoiras, segundo denuncia formulada polos funcionarios do C.P. nº 66.744 e 66.655 da Policía Autonómica.

11-11-2000; 12.40

Artigo 7 do Real decreto 237/2000, do 18 de febreiro, sobre transporte de productos alimentarios a temperatura regulada (BOE nº 65, do 16 de marzo)Artigo 143 da Lei

16/1987 e artigo 201

do R.D. 1211/1990

50.000 ptas.