Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.952

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de maio de 2001 pola que se modifica a clasificación e se suprimen postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional do Concello de Cervo (Lugo).

Visto o acordo do Pleno do Concello de Cervo (Lugo) do 10 de febreiro de 2001, relativo á modificación da clasificación dos postos de Secretaría e de Intervención, actualmente de clase primeira, en clase segunda e a supresión do posto de Tesourería que será desempeñada por un funcionario da propia entidade local debidamente cualificado.

Considerando que de conformidade co previsto no artigo 2 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, en atención ó número de habitantes e o orzamento do Concello de Cervo, os postos de Secretaría e de Intervención clasificaranse en clase segunda. Con respecto á Tesourería, nas corporación locais con Secretaría de clase segunda, será a relación de postos de traballo a que determine se está reservado a habilitado de carácter nacional ou se pode ser desempeñado por un dos seus funcionarios debidamente cualificados.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública, en aplicación do establecido no artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2º 17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-la clasificación dos postos de Secretaría e de Intervención do Concello de Cervo, provincia de Lugo, quedando clasificados en clase segunda, reservándose a funcionarios/as pertencentes ás respectivas subescalas de secretaría e de intervención-tesourería, ámbalas dúas da categoría de entrada, de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Segundo.-Suprimi-lo posto de Tesourería reservado ós anteditos funcionarios/as, que será desempeñado por un/ha funcionario/a da propia entidade local debidamente cualificado/a segundo se determine na relación de postos de traballo.

Contra a presente orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a Consellería da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade

co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública