Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 23 de abril de 2001, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona acordo de imposición de sanción pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Charlín Rodríguez, Marco Antonio).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de imposición de sanción pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Oficina Liquidadora de Distrito Hipotecario de Vilagarcía de Arousa en aplicación do artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, das 9 ás 14 horas de luns a venres, ante a oficina sinalada no parágrafo anterior, con enderezo en:

Rúa Alcalde Rei Daviña, 3-1º B, Vilagarcía de Arousa.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 23 de abril de 2001.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Charlín Rodríguez, Marco Antonio

DNI: 35.464.625-M

R/ O Monte, 26 de Deiro

Vilanova de Arousa

Imposto de sucesións e doazóns. Acordo de imposición de sanción.

Expte.: 137/00

Liq.: 000000015494