Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 23 de abril de 2001, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Obras y Jardines, S.L. e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Pontevedra en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante a secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena, 30, Pontevedra, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 23 de abril de 2001.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Obras y Jardines, S.L.

NIF: B-36187870

Lg/ A Carballa-Salcedo, 45

Pontevedra

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: T-5060/97

Liq. 600602537514

Coreman, S.L.

NIF: B-36722718

R/ Travesía de Vigo, 120-8º E Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 9777/97

Liq. 600702476158-6