Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 23 de abril de 2001, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan liquidacións complementarias pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Martínez Acosta, María del Pilar e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacións complementarias pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola Oficina Liquidadora de Distrito Hipotecario de Vilagarcía de Arousa e Ponte Caldelas en aplicación do artigo 120 e seguintes e concordantes, da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, das 9 ás 14 horas de luns a venres, ante a oficina sinalada no parágrafo anterior, con enderezo en:

Rúa Alcalde Rei Daviña, 3-1º B e C, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Rúa López Boullosa, 7, 36820 Ponte Caldelas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 23 de abril de 2001.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Martínez Acosta, María del Pilar

DNI: 35.482.861-W

R/ Juan Carlos, I, edif. Arealonga, 2A

Vilagarcia de Arousa

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 3539/00

Liq. 600003053532

Cuevas Carballal, Eligio

DNI: 35.252.755-B

R/ Joaquín Costa, 69-4º F

Pontevedra

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 548/97

González Rajo, María del Carmen

DNI: 35.209.773-Q

R/ Campo do Boi, 4-3º B

Pontevedra

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 547/97