Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.828

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de abril de 2001 pola que se autoriza o centro privado San Miguel 2 de Vigo (Pontevedra) para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas.

Examinado o expediente instruído por instancia do centro privado San Miguel 2 de Vigo (Pontevedra), solicitando autorización para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas, en horario non simultáneo coas ensinanzas que xa ten autorizadas.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, a Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000), pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado San Miguel 2 de Vigo (Pontevedra) para poder imparti-lo ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas, en quenda de tarde-noite.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Tomás A. Alonso nº 23.

Código do centro: 36011211.

Denominación: San Miguel 2.

Titular: Colegio San Miguel, S.L.

Composición resultante:

* Quenda de mañá:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria:

-4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

-4 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

d) Centro de formación profesional específica:

-1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades, 30 postos escolares/unidade).

-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de productos electrónicos (2 unidades, 30 postos escolares/unidade).

* Quenda de tarde-noite:

-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 30 postos escolares/unidade).