Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DAS TERRAS DO NAVEA-BIBEI

ANUNCIO.

Mediante acordo do Pleno da Mancomunidade das Terras do Navea-Bibei apróbase o expediente de contratación, por concurso en procedemento aberto, declarado de tramitación urxente, relativo á xestión indirecta, mediante concesión, do servicio do matadoiro da mancomunidade; así como o prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación, o cal se expón ó público na Secretaría Mancomunal durante os catro días hábiles seguintes ó da publicación no BOP e no DOG deste anuncio.

Ó propio, tempo acórdase abri-lo procedemento de licitación (só se suspenderá a licitación se se presentansen reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas que a rexe, e sempre que iso resulte necesario), publicando no BOP e no DOG a seguinte:

Convocatoria de concurso en procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Mancomunidade das Terras do Navea-Bibei.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: 2001/01/C.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a adxudicación da xestión indirecta, mediante concesión, do matadoiro da mancomunidade, comporta a xestión e explotación do servicio nos termos e condicións que se deriven da contratación, así como da lexislación xeral que reaulte de aplicación.

b) Lugar de execución: Matodoiro Mancomunal das Terras do Navea-Bibei, sede na Pobra de Trives (Ourense).

c) Prazo da concesión: os cinco anos seguintes ó da data do contrato, sendo este prorrogable nos termos que se explicitan no prego.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

A proposta será formulada polos licitadores.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 500.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Mancomunidade das Terras do Navea-Bibei.

b) Domicilio: Paseo de San Roque, 4-1º.

c) Localidade e código postal: A Pobra de Trives 32780.

d) Teléfono: 988 33 09 09.

e) Fax: 988 33 10 10.

f) C:mail:CTRIVES*teleline.es.

g) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo día natural, contado desde o seguinte ó da publicación deste edicto no BOP e no DOG. Se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo.

7. Requisitos específicos do contratista: non se establecen.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite da presentación: o décimoterceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e DOG; se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo.

b) Documentación: presentarase en 3 sobres de conformidade co establecido no prego de condicións, onde poderá tamén obte-lo modelo de proposición.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: Mancomunidade das Terras do Navea-Bibei, A Pobra de Trives.

2ª Domicilio: Pº San Roque, 4-1º A Pobra de Trives.

3ª Localidade e código postal: A Pobra de Trives 32780.

4ª Prazo: 13 días naturais desde o seguinte ó da última publicación no DOG/BOP.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Mancomunidade das Terras do Navea-Bibei, A Pobra de Trives.

b) Domicilio: Paseo San Roque, 4.1º.

c) Localdiade: A Pobra de Trives.

d) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, agás que coincida con sábado, domingo ou festivo, caso no que a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

10.1. Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso:

1º Experiencia e servicios acreditados como xestor de matadoiros públicos: de 0 a 5 p.

2º Plan de organización da xestión do servicio proposto polos concorrentes: de 0 a 5 p.

3º Obras, instalaciósn ou melloras non obrigatorias que se ofreza a executar polo seu cargo, co obxecto de mellora-lo servicio: de 0 a 5 p.

4º Canon ofertado á Administración: de 0 a 5 p.

5º Compromiso de contratación do persoal dentro da área da mancomunidade: de 0 a 5 p.

10.2. Garantía de responsabilidade civil do concesionario:

O adxudicatario da concesión, co obxecto de garantir e responder da prestación do servicio antes do seu inicio prsentará unha póliza de seguros que garanta a súa responsabilidade, cubrindo riscos ata un importe de 25.000.000 de pesetas e tendo vixencia mentres dure a concesión.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

A Pobra de Trives, 7 de maio de 2001.

Luis Álvarez González

Presidente