Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.787

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 10 de maio de 2001, da División de Recursos Humanos, polo que se fan públicas determinadas convocatorias de selección para vinculacións temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde.

Anuncio do 10 de maio de 2001, da División de Recursos Humanos do Sergas, polo que se fan públicas as seguintes convocatorias para vinculacións temporais de persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo Sergas:

-Convocatoria extraordinaria de aspirantes a vinculacións temporais de duración inferior ó ano, de persoal estatutario nas II.SS. xestionadas polo Sergas nas categorías de médicos de familia, pediatras e ATS/DUE.

-Convocatoria para vinculacións temporais nas unidades de saúde mental en tódalas áreas de xestión do Sergas para os aspirantes das categorías de auxiliares de enfermería e celadores que xa figuren inscritos nas listaxes definitivas de aspirantes a vinculacións temporais nas ditas categorías, en virtude da convocatoria do 11 de febreiro de 2000 (DOG número 42, do 1 de marzo), e da convocatoria do 30 de novembro de 2000 (DOG número 239, do 12 de decembro).

As resolucións da División de Recursos Humanos do Sergas, polas que se formalizan as anteditas convocatorias, serán expostas na mesma data de publicación deste anuncio no DOG nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Sergas e institucións sanitarias do citado organismo.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir do día seguinte ó da pubIicación deste anuncio no DOG.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde