Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.781

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, convocados por Orde do 8 de marzo de 2001.

En cumprimento do sinalado na base común 5 da Orde do 8 de marzo de 2001 (DOG do 12 de marzo), pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional.

Esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Nomea-los tribunais que deberán xulga-los procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional nos anexos I e II desta resolución.

Segundo.-As localidades de actuación dos citados tribunais faranse públicas na resolución desta dirección xeral, na que cada tribunal anunciará a hora e o lugar do acto de presentación, realización das probas de coñecemento de lingua castelá, se é o caso, coñecemento de lingua galega e primeira parte da proba.

Terceiro.-Quedan autorizadas as comisión de servicios dos membros dos tribunais que necesiten desprazarse da súa residencia oficial para o exercicio de tal función, tendo dereito a percibi-las axudas de custos e gastos de viaxes de acordo coa lexislación vixente. Os medios de locomoción usados serán calquera dos previstos no Decreto 299/1990, do 24 de maio, debendo entenderse que queda expresamente autorizado o uso de vehículos propios, de acordo co citado decreto.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2001.

Jaime García García

Director xeral de Persoal