Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da escritura pública de constitución da entidade Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Eixo.

En cumprimento do disposto no artigo 134 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas

de Galicia, e para os efectos previstos nesta, faise público que no rexistro central de cooperativas dependente desta dirección xeral foi depositada a escritura pública de constitución da entidade Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Eixo, resultando cualificada favorablemente e inscrita no libro de inscricións de asociacións cooperativas baixo o número 11-SCTA.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais