Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ANUNCIO do 2 de maio de 2001 da exposición ó público das resolucións dos expedientes correspondentes ós tripulantes afectados polo plan de recuperación da sardiña ibero-atlántica do ano 2001.

O artigo 13 da Orde do 23 de febreiro de 2000 pola que se establece un plan de recuperación da sardiña ibero-atlántica durante os anos 2000, 2001 e 2002, e se regula a concesión de indemnizacións ós pescadores e propietarios de buques afectados, establece que as resolucións dos expedientes correspondentes ós tripulantes se publicarán nos taboleiros de anuncios das delegacións territoriais e comarcais da consellería, despois do anuncio no Diario Oficial de Galicia da súa exposición ó público, polo que esta dirección xeral

ACORDA:

Que as resolucións dos expedientes correspondentes ós tripulantes afectados polo plan de recuperación da sardiña ibero-atlántica do ano 2001 se exporán ó público nos taboleiros de anuncios das delegacións territoriais e comarcais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a partir do 18 de maio de 2001.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2001.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras

Pesqueiras e Mercados