Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/113-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto

1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C. distribución viña grande-residencia anciáns.

Situación: Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña BAL 7.18, no camiño Castañal, alimentando en bucle o C. distribución que se proxecta en viña grande-residencia anciáns, no concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña. Centro de distribución con tres celas de liña SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 2 de abril de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra