Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/360-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. a C.T. Don Atún.

Situación: Meaño.

Descricións técnicas: L.M.T. aerosubterránea, a 20 kV, de 495 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio s/n da L.M.T. Amoeiro rematando no paso aerosubterráneo, e 15 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 8 da L.M.T. a C.T. Don Atún, rematando na L.M.T. subterránea existente ó C.T. Don Atún, concello de Meaño.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos propietarios afectados, presentáronse as seguintes alegacións.

Predio 5. Quere sabe-la superficie do predio que se vai expropiar para poder presenta-las alegacións. Trasladado o escrito á empresa eléctrica, esta contesta que teñen que corrixi-la afección, que pasa a ser de 156 m lineais e 2.105 m de voo. Envíase copia deste escrito ó alegante, que non presenta novas alegacións.

Predio 8. Oponse ó paso da liña por considerar que non é para dar un servicio público. Trasladado o escrito á compañía, esta contesta que é misión das comunidades autónomas autorizar e revisa-las instalacións eléctricas. Trasladado o escrito ó alegante, non presenta novas alegacións.

Predio 15. Oponse ó paso da liña por considerar que non é para dar un servicio público. Trasladado o escrito á compañía eléctrica, esta contesta que o trazado só afecta os lindeiros sur e oeste, situándose o apoio nun canto do predio. Trasladado o escrito ó alegante, este contesta dicindo que hai outras alternativas posibles, pero que teñen que opinar o resto dos herdeiros. Solicítaselle ás direccións e envíase escrito coa afección ós outros dous herdeiros.

Considerando que a alegación fundamental é que a liña non corresponde a unha instalación de distribuciónd a compañía eléctrica, debemos indicar que a Lei 54/1997, do sector eléctrico, no seu artigo 2.2º garante a subministración de enerxía eléctrica a tódolos consumidores demandantes do servicio e que a conexión que une a rede existente co primeiro elemento de corte do peticionario é propiedade da compañía eléctrica e, polo tanto, forma parte da súa distribución.

En consecuencia, dando que non se presentaron novas alegacións e que no caso do predio 15 notificouse ós dous herdeiros, e por devolve-lo servicio de correos unha das cartas, esta foi remitida ó fiscal, sen que en ningún dos dous casos se recibiran alegacións novas.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial

RESOLVE:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 30 de marzo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra