Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.666

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE ASTURIAS

EDICTO (1770/2000).

Aurora Algaba Carbonero, secretaria da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza do Principado de Asturias, certifica que no procedemento anteriormente indicado recaeu a resolución con data do vinte de abril de dous mil un, e a súa decisión, copiada literalmente, di:

«Decidimos que estimámo-lo recurso de suplicación interposto pola mutua patronal FREMAP contra a sentencia do Xulgado do Social número un de Xixón e, en consecuencia, revogámo-la dita resolución no sentido de que o aboamento das prestacións correspondentes á invalidez permanente absoluta por agravación recoñecida a Benito A. Pérez Álvarez corresponde, o 55% da base reguladora á mutua recorrente, e o 45% restante ó INSS, condenando as citadas a pasaren por esta declaración e ó aboamento desta prestación. Déaselle ó depósito efectuado para recorrer o destino que ordena a lei.

Advírtase ás partes de que contra esta sentencia cabe recurso de casación para unificación de doutrina, debendo presentar na secretaría desta sala, ó prepara-lo recurso, certificación acreditativa do comezo do aboamento da pensión e de que o proseguirá puntualmente durante a tramitación do recurso se for a entidade demandada a que o fixer. Notifíqueselle á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e expídase, para a súa unión ó rolo da súa razón, certificación desta resolución e incorpórese o seu orixinal ó correspondente libro de sentencias.

Notifíqueselles ás partes e, unha vez firme, devólvanse os autos orixinais ó Xulgado do Social de procedencia con certificación desta resolución.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios desta sala, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Nova Boroña, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto, que asino e selo en Oviedo o vinte de abril de dous mil un.

Rubricado